Yuri Knorozov
Yuriy Valentinovich Knorozov (en ruso: Юрий Валентинович Кнорозов), nado en Khárkiv, URSS (a actual Ucraína) o 19 de novembro de 1922 e finado en San Petersburgo o 30 de marzo de 1999, foi un lingüista, epigrafista, etnólogo, maianista, que tivo un papel clave no desciframento da escrita maia, o sistema de escritura da cultura maia.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Yuriy Knorozov procedía dunha familia de intelectuais. En 1939, ingresou á Facultade de Historia da Universidade de Kharkivv. Logo de comezar a segunda guerra mundial, en outubro de 1941, Kharkivv foi ocupada polas tropas nazis, pero en 1943 Knorozov logrou trasladarse a Moscova para continuar os seus estudos na Facultade de Historia da Universidade Estatal Lomonosov de Moscova, á que xa fora admitido en 1940. Pouco tempo despois foi conscripto nas forzas armadas soviéticas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Biografía de Yuri Knórosov, Centro de estudios mayas Yuri Knórosov". Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2018. Consultado o 19 de setembro de 2018. Arquivado 19 de setembro de 2018 en Wayback Machine.
- ↑ Yucatán en el tiempo. ISBN 970 9071 04 1.